Friday 17 de May de 2024

Aberto o prazo para inscribirse nas actividades de conciliación organizadas polo Concello de Ordes


Están orientadas aos matriculados en Infantil e Primaria no municipio

O Concello de Ordes acaba de abrir o prazo para inscribirse nas actividades de conciliación de cara ás vindeiras vacacións de Nadal. Unha iniciativa a través da que se pretendepoñerlle todas as facilidades posibles ás familias con nenos e nenas pequenos para compaxinar a vida familiar e laboral durante este período.
Concretamente será en horario de mañá (de 9 a 14 h.) os días 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro. Tamén os días 2, 5 e 7 de xaneiro. ‘Conciliar será fácil e divertido’ vai dirixido aos matriculados en Educación Infantil e Primaria nos centros do municipio. Obradoiros creativos, xornadas de xogos en equipo e moitas máis sorpresas é o que lles espera a todos e toda aqueles que se apunten. Entre os obxectivos do programa tamén está o de axudar aos menores a convivir, facer amizades, aprender a reciclar e coñecer o seu entorno, entre outros.
Para inscribirse é preciso facelo ata o 17 deste mes no departamento de Educación situado no primeiro andar do Concello. Tamén se pode requirir máis información chamando ao 981 680 002.